Educación
O Concello de Pontevedra, como membro da Rede de Cidades Educadoras, entende a cidade como un axente educador e asume o compromiso de profundar na dimensión social e comunitaria da educación. Promover na nosa cidadanía valores democráticos e cooperativos de tolerancia, solidariedade e igualdade, para favorecer na nosa comunidade o desenvolvemento de habilidades para a convivencia e a comunicación interpersoal é un dos principais retos que se asumen.
Neste senso, é primordial estabelecer unha coordinación axeitada entre as concellarías e os axentes educativos do Concello, como medio para satisfacer as diversas demandas e necesidades que se presentan no noso contexto, e camiñar cara a un proxecto educativo de cidade conxunto.

Onde atoparnos:
Rúa Xan Guillermo, 9
36002 Pontevedra
Tel.: 986860697
Fax: 886208784
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

NOVAS
10/05/2012
Hoxe saen publicadas no BOP as BASES PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS (ANPA) DE CENTROS EDUCATIVOS DE PONTEVEDRA MANTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE PRIMEIRO OU SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E/ OU ENSINANZAS OBRIGATORIAS QUE DESENVOLVAN ACCIÓNS NO EIDO DA EDUCACIÓN DURANTE O CURSO ESCOLAR 2011/2012. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de xuño de 2012
http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2012/bop.PONTEVEDRA.20120510.090.pdf
27/02/2012
A Concellería de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra) poñen en marcha un programa de actividades de lecer e tempo libre dirixido a todas as familias con nenos/as matriculados nos colexios públicos do municipio. Nace así o programa “Conta comigo".
http://www.pontevedra.eu/actualizate/a-concelleria-de-educacion-e-fanpa-pontevedra-ponen-en-marcha-o-programa-de-animacion-conta-comigo
|